TELÉFONOS DE INTERESE

▼

28 de julio de 2020

ÚLTIMA SESIÓN DE CINE INFANTIL EN TORRADO


Este mércores cuarta e última sesión de cinema infantil no parque de Torrado, ás 22.30 horas, co filme de título O Parque Máxico.

June é unha nena cunha imaxinación desbordante, á que lle gusta crear parques de atraccións imaxinarios, máxicos. Ela debúxaos, imaxínaos, pero… pode un parque de atraccións creado coa imaxinación converterse en realidade? Esta nena optimista e imaxinativa será a creadora dun parque no que vivirá asombrosas aventuras xunto ao oso azul Boomer, a xabaril Greta, os castores Gus e Cooper, o chimpancé Peanut e o puerscospín Steve. Nova comedia de aventura animada de Paramount Pictures e Nickelodeon Movies que desenvolve o estudo español de animación Ilion Animation Studios, creadores das películas Planet 51 (2009) e Mortadelo e Filemón contra Jimmy o Cachondo (2014).


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.