-Será o goberno da autonomía quen decida cando entramos na "nova normalidade"
-As catro provincias galegas entrarán na fase 3 a partir do próximo luns, día 8 de xuño, data a partir da que a Xunta de Galicia xestionará as medidas da desescalada.
Por fin a xunta empezará a traballar e deixarase de por "de espaldas a realidade" de Galicia.
Despois de semanas querendo asumir competencias a partires do luns terá a posibilidade de tomar decisións e non poñerse de perfil como ata agora.
Primeiro en materia de Educación no que non fixo nada e mentras a comunidade educativa agardando una resposta que se demorou moitos días. Despois co tema dos núcleos de menos de 5.000 e 10.000, delegando nos alcaldes e alcaldesas as decisións. E poderíamos citar máis casos nos que Feijóo non fixo nada. O último, a petición do Celta de xogar con un tercio da capacidade de público. Tivo que ser o CSD e o Ministerio de Cultura quenes concluíran que non se pode xogar con público polo menos ata que todas as autonomías estivesen na Fase 3.
Este venres o ministro de Sanidade, Salvador Illa, informou este venres na rolda de prensa posterior á reunión do Consello Ministros na que se deu luz verde á última prórroga do estado de alarma.
Nesta fase, que supón un novo alivio nas restricións para a cidadanía, o Goberno permite que sexan os presidentes dos gobernos autonómicos os que dirixan a mobilidade no interior de cada comunidade. Por iso, prevese que a Xunta autorice aos galegos moverse entre as catro provincias.
"Afrontamos a recta final dunha desescalada que nos permitirá volver recuperar a nosa vida cotiá", manifestou a portavoz do Goberno e a ministra de Facenda, María Jesús Montero, que subliñou que "serán as comunidades as que culminarán este proceso" e avanzoulles a "cooperación" do Executivo estatal para iso.
Entre outras cuestións e ademais da previsible mobilidade entre provincias, coa entrada de Galicia na fase tres non haberá franxas horarias para ningún colectivo e amplíanse os aforos de forma xeneralizada en practicamente todas as actividades.
MOVILIDAD E NOVA NORMALIDADE
Na rolda de prensa e preguntado respecto diso, o titular de Sanidade precisou que, "a partir da fase 3", tamén corresponderá aos presidentes das comunidades autónomas determinar o momento no que a súa rexión "está en condicións de entrar á nova normalidade".
"Os presidentes autonómicos a partir da fase tres toman a dirección da desescalada e entre as súas facultades está a de decidir cando acaba o estado de alarma nas súas comunidades autónomas e pasan á normalidade. É dicir, poden acabar co estado de alarma con anterioridade ao 21 de xuño", detallou.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.