TELÉFONOS DE INTERESE

7 de junio de 2020

A PIQUES DE BAIXAR DOS 500 ENFERMOS POR CORONAVIRUS EN GALICIA.

Galicia segue reducindo o número de casos activos por coronavirus, ata o punto de estar preto de baixar dos 500. O dato informado este domingo pola Consellería de Sanidade fala de 524 casos activos pola enfermidade, isto é, as persoas que seguen sendo positivas pola Covid-19. Son 18 menos que as anunciadas o sábado.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 524 deles 119 son da área da Coruña, 30 da de Lugo, 44 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 194 da área de Vigo, 107 da de Santiago, e 14 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 22 están en unidades de hospitalización e 501 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.242 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 150.498.

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés presenta hoxe 16 casos activos. Os mesmos ca onte.
As cifras dos curados tamén continúa igual. Dende o inicio do plan de continxencia superaron o Covid-19 un total de 881 persoas. As mesmas ca onte.
Todos os pacientes evolucionan nos seus domicilios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.