TELÉFONOS DE INTERESE
▼
10 de junio de 2020
A DATA QUE PREVÉ GALICIA DEIXAR SEN EFECTO O ESTADO DE ALARMA
O presidente da Xunta propoñerá, na reunión do Consello de Goberno do venres, deixar sen efecto o estado de alarma a partir do próximo luns Agora veñen os apuros para facer crer a moitos galegos que estamos "a salvo" do COVID-19. Non hai nin dous días que prohibíase a apertura de lugares de ocio nocturno ata xullo ou non hai protocolos claros para as elecións ou para as probas da ABAU, e xa saliremos do estado de alarma. Que apuro ten Feijóo? si quere unha campaña electoral curta para evitar problemas derivados polas concentracións de xente a partires de xullo, porque toma esta decisión?
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que traballa na posibilidade de deixar sen efecto o estado de alarma polo coronavirus o vindeiro luns, decisión que se adoptaría na reunión do seu gabinete este venres. Durante unha visita a unha empresa de impresión 3D en Nigrán, Feijóo concretou que como autoridade delegada do Goberno fará dita proposta a tenor de que Galicia foi no últimos sete días a comunidade autónoma coa taxa de contagios máis baixa de España: 0,4 por cada 100.000 habitantes. Algo que si agora é positivo, segundo os estudos podería ser moi perxudicial para un futuro rebrote, ao ser menos as persoas infectadas nesta primeira pandemia. «Se seguimos con esta taxa de control do virus, probablemente a partir do luns o estado de alarma quedaría anulado en Galicia e entrariamos nunha situación social e económica normal, con algunhas cautelas desde o punto de vista sanitario», proclamou Feijóo. As cifras actuais permiten «albergar esperanzas fundadas» de decidir na reunión do Consello da Xunta deste venres poñer fin ao estado de alarma na comunidade autónoma.
Pero todo, insistiu, está a expensas de que a taxa de contagios manteña a tendencia actual de aquí ao venres. Dubidamos que en 2 días sexan tan malos os datos como para que empeore sustancialmente a situación. O que pretende Feijóo é claro, erixirse como o salvador dos galegos cando ata o de agora non fixo nada destacable na guerra contra o coronavirus Mensaxe de cautela aos galegos Ademais, Feijóo lanzou unha «mensaxe de cautela» á poboación galega: «o virus segue aí, as posibilidades de rebrote seguen aí, os riscos de contaxio seguen latentes». «O fundamental», recalcou, «é saber que se cumprimos as normas, a distancia física, o lavado continuado das mans e o uso da máscara (...) estou convencido de que gañaremos a pandemia definitivamente ata que haxa unha vacina». O presidente da Xunta presumiu de «a responsabilidade» exhibida polos galegos á hora de respectar o confinamento e o resto de normas ligadas á alerta sanitaria, síntoma de «unha sociedade moderada e comprometida». Tivo palabras de recoñecemento para os traballadores de servizos esenciais, e en especial para os dos ámbitos sanitario e sociosanitario, cuxa labor, dixo, fan de Galicia «unha das terras máis seguras durante a pandemia de todas as rexións europeas».


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.