Outra vez volve a baixar o número de falecidos diarios. Dos 8 de onte baixouse a 4, todos eles no CHUF ferrolano. Seguindo a tendencia xeral do resto de España.
A Consellería de Sanidade informa do falecemento por coronavirus dunha muller de 74 anos e un home de 88, ambos os ingresados no CHUF ferrolán, con patoloxías previas. O total elévase a 567. Xa pola mañán notificárase a morte de dunha muller de 87 anos e un home de 74, ambos con patoloxías previas e ingresados tamén no CHUF de Ferrol.
Nas últimas 24 horas non se notificaron falecementos en residencias. Nestes centros sociosanitarios, atópanse 617 usuarios con positivos activos (baixa ao 2,5% do total), por un total de 302 profesionais que tamén pasan a enfermidade nestes momentos.
Así, das 567 persoas que morreron con COVID-19 na Comunidade galega, un total de 253 (o 44,8 por cento) gardaban relación coas residencias da terceira idade, 127 faleceron nos propios centros e 126 en hospitais ou residencias integradas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.