TELÉFONOS DE INTERESE

▼

16 de abril de 2020

UNHA EMPRESA CAMBADESA EXPANDE MERCADO EN TEMPOS DE PANDEMIA


A pesar de que o Estado de Alerta derivado da pandemia do Covid-19 provocou que moitas empresas víronse obrigadas a parar a súa actividade, outras en cambio, debido ao seu modelo de negocio, non renuncian a buscar novas oportunidades. Tal é o caso da galega Paporroibo Tés e Infusións, coa súa marca Bilurico Ready to Drink Tea, que acaba de pechar un acordo de colaboración coa empresa Jump34, de Murcia, para a externalización dos servizos de venda dos seus produtos na zona de Levante. Un acordo que “permitirá que as bebidas saudables elaboradas por Paporroibo sexan distribuídas e comercializadas nunha das zonas turísticas máis importantes de España”, inciden desde a firma pontevedresa.
Bilurico Ready to Drink Tea é a marca coa que Paporroibo Tés e Infusións comercializa a primeira liña de tés embotellados coa certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica. Actualmente, os seus principais mercados son Galicia, Madrid, Cataluña e Canarias, nos que opera en hostalería, retail, vending e ximnasios. Coa súa unión a Jump34 -empresa creada por José Luis Roqués, experto en estratexia comercial cunha vasta experiencia en diversas empresas do Levante español- os tés pontevedreses entran de cheo nesta zona da costa mediterránea, unha apertura de mercado moi meritoria en tempos de crises.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.