Xusto hai unha semana que o Congreso dos Deputados prorrogou, por terceira vez desde a súa aprobación, o estado de alarma polo coronavirus. Nesa ocasión, o Goberno atopou o apoio de boa parte da cámara baixa, salvo os grupos de Vox, JxCat e a CUP que votaron en contra.
Pero a medida que pasan os días o Goberno de Pedro Sánchez ve como a posibilidade de non poder facer unha cuarta prórroga aumenta. E é que hoxe no Congreso, o líder do PP, Pablo Casado deixaba caer que o seu partido poderíase abster.
Casado recriminoulle a Sánchez que non informe con carácter previo á oposición do seu plan de desescalada. Non era o único, o portavoz de Cidadáns, Edmundo Bal, atacaba tamén ao presidente e poñía en dúbida tamén o voto a favor dos seus 10 deputados.
Pero non só eran estes partidos, os principais socios do goberno tamén se mostraban dispostos a votar non a alongar o estado de alarma 15 días máis. Gabriel Rufián (ERC) dicía que o seu grupo, tras ata o de agora absterse, está máis preto do non e criticaba a «falta de diálogo» na crise do coronavirus está a poñer en risco o bloque de 180 deputados.
Pola súa banda, o portavoz do PNV no Senado, Jokin Bildarratz, afirmaba que «se está complicando» o apoio da súa formación á nova prórroga do estado de alarma exposta polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, debido á falta de «diálogo leal e colaboración» coas institucións vascas na elaboración do plan de desescalada.
Trastornaría os plans do Goberno
Despois de anunciar en que consistirán as catro fases do plan de desescalada do desconfinamiento, todo podía quedar no aire. E é que estas medidas só poderíanse aplicar sempre que España mantivese declarado o estado de alarma.
De non conseguir o seu obxectivo e alongalo as semanas necesarias, o Goberno non tería ningunha autoridade para limitar os movementos aos cidadáns. A tan ansiada volta á normalidade chegaría quizá antes do que todos esperabamos, aínda que seguramente non sexa o máis desexable.
Unha chantaxe fornecida por todos. O Goberno quere facer unha transición ata a volta a normalidade que os partidos nacionalistas non aceptan. Antepoñendo os intereses das súas comunidades ao interese da súa autonomía. Algo que tamén fan desde o PP. Cada presidente popular pide para a súa autonomía unha desescalada propia. O próximo será que as deputacións pidan a súa e así ata a entidade máis pequena.
Supoñemos que a Feijóo non lle gustaría que as deputacións esixiran ir por libre. Pero e os concellos ou mancomunidades? Non estarían en condicións de pedir facelo asúa maneira? E logo as parroquias e máis tarde as rúas.
Casado esixe ao goberno diálogo, pero comopodes pedir diálogo e á vez criticar o estado de alarma ao que tan contrario era a dereita a principios do mes de marzo?
Vox? apela xa directamente a unha sublevación popular. E C´s ata agora non aportaban nada, nin a favor nin en contra.
Que a dereita que semanas antes de decretarse o estado de alarma veía mal e mostrábase contrario á cancelación de actos pasou en semanas a acusar ao goberno de pouco menos de facer un golpe de estado non debería ser quen levantase a voz para nada en ningún momento.
Que o goberno cometeu erros é certo pero deixar a desescalada en mans das autonomías non é moi lóxico, posto que cada unha ten intereses moi diferentes. Moitos apelaban ao modelo de Alemania, onde os "länder" tomaran as rendas da desescalada. Pero á vista dos bos datos, Alemaia xa iniciara a súa lenta estratexia de desescalada a semana pasada permitindo abrir aos comercios de ata 800 metros cadrados e obrigando á poboación usar máscaras nos espazos públicos.
Pero agora pisa o freo na súa desescalada. O director do Instituto de Viroloxía Robert Koch, Lothar Wieler, pediu á cidadanía que siga recluída na casa o máximo posible tras detectar un repunte na taxa de contaxios.
Weiler informou de que a taxa de reprodución do coronavirus, o famoso índice R0, volveu a subir a 1 en Alemania, que nas últimas datas rexistraba unha taxa de ata 0.7. Este indicador é clave en calquera fase de desescalada e mide o número de persoas ás que infecta cada contaxiado co SARS- Cov2. E únicamente en nove das 16 rexións abríronse os negocios de menos de 800 metros cadrados.
A falta de concreción definitiva de todas as craves do desconfinamento por parte do goberno o máis lóxico sería que apoiaran unha nova prorroga.
Tempo haberá para todos os reproches.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.