Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistrou nas últimas horas houbo un repunte de casos positivos de coronavirus. Un aumento dos casos que non se producía desde hai días, en concreto desde o pasado día 13. Nove foron os casos positivos ao igual que o anterior luns 13. Si ben o aumento de hoxe queda en menos tras ser dados de alta dous pacientes. O total de pacientes dados de alta desde o principio da pandemia é de 146. Este martes o número de casos ascende a 515 fronte aos 508 dun día antes.
A pesares deste aumento de casos reduciuse o número de pacientes hospitalizadoshoxe son 34 un menos que onte e nas UCI, hoxe hai 7, é decir dous menos que onte cando eran 9..
Hai 25 pacientes hospitalizados no Hospital Montecelo, 1 no Hospital do Salnés, e tamén un en QuirónSalud Domínguez.
Polo tanto hai 481 enfermos que están nos seus domicilios. Esto quere decir que hai 8 contaxiados máis nas suas casas.
O número de falecidos continúa en 14, tres deles do Salnés.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.