TELÉFONOS DE INTERESE

12 de abril de 2020

O NÚMERO DE FALECIDOS HOXE , UNHA CIFRA PARA A ESPERANZA

O Sergas informa doutras tres mortes en Galicia polo coronavirus. Unha muller de 64 anos, ingresado no HULA de Lugo, un home de 86 hospitalizado na Rosaleda de Santiago e outro home de 82 anos ingresado no Vithas Fátima de Vigo perdían a vida ao longo da xornada. Os novos falecidos súmanse ás sete mortes comunicadas pola mañá co que 10 persoas perderon a vida desde onte á noite.

O datos aportados pola Xunta na actualización desta mañán son os seguintes: os falecidos contaban con entre 73 e 87 anos e todos presentaban patoloxías previas. Os falecidos son unha muller de 73 anos e dous homes de 87 e 88, ingresados no Chuac coruñés, un home de 79, ingresado no Chou ourensán, outro home de 84 hospitalizado no CHUF de Ferrol, un home de 80 ingresado no pontevedrés CHOP e outro home de 87 hospitalizado en Burela. O total de falecidos desde o principio da pandemia ascende a 363. Faltarían os datos de mortes nas residencias, si houbese, e que so se ofrecen pola mañán.

O novo dato de hoxe, aínda que debe ser tomado por prudencia ao estar no medio da Semana Santa, é realmente positivo. É o menor crecemento en número de falecidos desde o 29 de marzo (cando foran 9 as mortes). Afortunadamente as UCIS do SERGAS continúan gañando camas libres. Desde que as unidades de coidados intensivos alcanzaron o seu preocupante pico a principio de mes, hai 34 prazas menos ocupadas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.