TELÉFONOS DE INTERESE

11 de abril de 2020

TRABALLO DOS SERVIZOS SOCIAIS DE CAMBADOS TRAS 4 SEMANAS DE CONFINAMENTO

O CONCELLO DE CAMBADOS REDOBLA ESFORZOS NOS SERVIZOS SOCIAIS PARA ATENDER SITUACIÓNS DERIVADAS DA PANDEMIA DE COVID-19.
Este servizo está a atender consultas de diversa índole.


O Concello de Cambados, e particularmente o departamento de Servizos Sociais, están traballando para que ninguén se quede desprotexido socialmente nesta crise causada polo coronavirus Covid-19. Así, dáselles apoio a setenta familias en situación de vulnerabilidade, mediante vales de compra canxeables en supermercados da localidade, o que supón un incremento do 50 % con respecto a antes de decretarse o estado de alarma.
Do mesmo xeito, mantense o servizo de axuda no fogar para o 60% dos beneficiarios anteriores, os que non renunciaron temporalmente a el por pasar a ser coidados por familiares, e se asignan máis de 1500 novas horas a perceptores do SAF extraordinario polo Covid-19, gratuitas para o usuario.
O servizo tamén supervisa e coordina con outros servizos municipais como o CIM, casos de protección de menores e de violencia de xénero, que non deixan de sucederse en esta situación.
Pero ademais, as traballadoras e traballadores levan atendidas no último mes máis de un cento de consultas sobre asuntos de diversa índole: trámites e prazos administrativos, solicitude de axudas convocadas pola administración tales como alugueiro de vivenda, ERTES, moratorias de hipotecas, etc, peticións de servizo de compra en farmacia e alimentos, atención psicolóxica e saúde mental.
Dende alcaldía desexan facer público o agradecemento a estes traballadores e traballadoras pola súa encomiable labor, facéndoo extensible a todos os departamentos municipais cos que se traballa coordinadamente e sen tregua.
A alcaldesa Fátima Abal quere trasladar aos veciños e veciñas unha mensaxe de serenidade, informando que este concello ten o escudo social activado para que ninguén se quede desprotexido ante esta pandemia, e pedirlles a todos e todas que sigan as recomendacións das autoridades e manteñan o ánimo alto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.