O Concello de Cambados acaba de aprobar o trámite de contratación de varias obras
incluidas no Plan Concellos, mediante o procedemento aberto simplificado abreviado, para a
súa próxima adxudicación e execución. A primeiras en realizar a tramitación son as obras de
Reparación da cuberta da biblioteca municipal, Mellora de Saneamento no Río da Ucha,
Renovación de iluminación viária no municipio, e Melloras en camiños municipais.
As obras de Reparación da Cuberta da Biblioteca consistirán na substitución da
cobertura da cuberta, xunto ao reforzo da súa estrutura, e outras obras menores de reforma
interior, todas elas encamiñadas a eliminar infiltracións de auga e humidade así como
mellorar as condicións de illamento térmico da edificación. Conta para elo este proxecto con
un orzamento de 54.325 €, e un prazo de execución de 3 meses.
A mellora de saneamento no Río Da Ucha (Corbillón) acometerase mediante a
instalación de novas redes de augas pluviais e fecais e posterior pavimentación. Ten un
orzamento de 79.950 € e un prazo de execución de 2 meses.
A renovación de instalación de alumeado público acometeranse en varios puntos do
municipio, e consistirán na desmontaxe e substitución de luminarias existentes por
luminarias led, Revisión e substitución de cableado aéreo, Revisión e substitución do
cableado eléctrico soterrado cando proceda, Substitución das caixas de conexión de tódalas
luminarias nas que se realiza cambio de cableado, Substitución do cadro xeral de mando e
protección para usos múltiples temporais, e Substitución dos centros de mando e en algúns
casos adaptación ao proxecto dos existentes. O orzamento desta obra ascende a 91.137 € e o
prazo máximo de execución é de 2 meses.
O proxecto de Mellora de camiños e vías municipais consiste no acondicionamento e
renovación da capa de rodadura de un total de 12 camiños municipais, a maioría deles ubicados no ámbito rural. Esta obra conta con un orzamento de 190.642 € e un prazo de execución de 2 meses.
As empresas que queiran optar a contratar as obras, poderán presentar as súas ofertas
a través da plataforma de contratación da Xunta de Galicia, na cal estarán dispoñibles en
canto remate o Estado de Alarma.
O Concelleiro de Obras e Servizos, Samuel Lago, manifesta que dende esta
concellería, así como dende o Servizo de Contratación, a pesar da situación de confinamento
que implica o cese do traballo e atención presenciais, mediante a fórmula de teletraballo
estanse a desenvolver tarefas para que esta e outras obras poidan ser adxudicadas e
executadas na maior brevidade posible. A importancia da execución destas obras é doble,
por un lado a de cubrir as necesidades e demandas dos nosos veciños e veciñas, pero tamén
a de contribuír á reactivación da economía mediante a obra pública.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.