TELÉFONOS DE INTERESE

▼

15 de abril de 2020

APROBADO XERAL PARA TODOS, SALVO OS DE SEGUNDO DE BACHARELATO



Aprobado xeral para todos os alumnos, salvo os de segundo de Bacharelato Tras o acordo entre o Goberno e as comunidades autónomas serán os profesores quen decida as notas finais dos alumnos O Ministerio de Educación decidiu este mércores que haxa un aprobado xeral en todos os niveis educativos non universitarios. Así llo anunciou a ministra Isabel Celaá ás comunidades autónomas. Únicamente quedan fóra deste acordo os alumnos de segundo de Bacharelato. Por tanto, os estudantes de Infantil, Primaria, Secundaria e primeiro de Bacharelato pasarán de curso. Agora, os profesores serán quen decida a cualificación finais destes alumnos en base ás notas do resto do curso. Esa puntuación final é importante en cursos como Bacharelato ou a ESO, xa que dela depende o acceso á universidade ou bolsas ao estudo. Non será un borrón e conta nova, pois cada avaliación final irá acompañada dun informe que permitirá deseñar un plan de reforzo para o próximo curso. Doutra banda, si que haberá repetidores, pero terá que ser o centro o que informe á Administración dos motivos "excepcionais" polos que propón que un estudante non promocione.
En calquera caso, o próximo curso haberá un maior número de horas de reforzo das materias pendentes deste ano, o que obrigará a contratar máis profesores, segundo os plans do Ministerio aprobados polas comunidades autónomas. Tamén se reducirán as horas de clase doutras materias para poder completar os programas deste curso. Que pasa con segundo de Bacharelato? No caso de segundo de Bacharelato, será Galicia quen decida como avalía aos seus alumnos para as probas de acceso á universidade, que se atrasaron este ano ata o mes de xullo. Polo momento, non se confirmou se se examinará aos estudantes do dado ata a suspensión das clases, aínda que parece a opción máis probable. Tal e como anunciou no seu día o Goberno, as probas de acceso á universidade serán máis fáciles que outros anos para contrarrestar este período de confinamento dos estudantes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.