As asociacións de nais e pais de Galicia enviaron un escrito á Consellería de Educación no que solicitan dar por finalizado o curso escolar 2019-2020 con data de 13 de marzo.
Así figura nun comunicado conxunto da Confederación Anpas Galegas, Confapa Galicia, CIG- Ensino, FESP- UXT GALICIA, CCOO Ensino, CSIF Ensino Galicia E ANPE Galicia.
De tal forma, emprázase á Xunta ao establecemento de criterios de avaliación "excepcionais" que posibiliten a promoción do alumnado.
Entre outras cuestións, chámase a reorganizar os currículos de fronte ao próximo curso, así como a traballar en mecanismos compensatorios que eviten un esforzo "inasumible" polos alumnos no curso 2020-2021.
Así, expoñen que "non hai unha capacidade real" para impartir de forma telemática os contidos e que cheguen a todos os alumnos, "tanto pola falta real de acceso á rede como por carencia nas familias de medios tecnolóxicos". A isto únese a ausencia de directrices e de posibilidade de seguimento polo profesorado do traballo realizado en casa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.