A titular do Xulgado número 2 de Cambados (Pontevedra) decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o último dos sete detidos por formar parte da organización que tratou de introducir 3.700 quilos de cocaína en Galicia a bordo de dúas planadora.
En concreto, trátase dun veciño de Cambados que foi arrestado o luns 30 á vez que as Forzas de Seguridade procedían ao rexistro do seu domicilio. Do mesmo xeito que os outros seis detidos que xa compareceran ante a xuíza, foi enviado a prisión investigado por un delito de tráfico de drogas en cantidade de notoria importancia.
Neste último caso, a xuíza tamén realizou a toma de declaración por videoconferencia como consecuencia das medidas sanitarias extraordinarias decretadas pola crise do Covid-19.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.