TELÉFONOS DE INTERESE

10 de marzo de 2020

UN FERIDO NUN ACCIDENTE NA PONTE DA ILLA


Un home de 47 anos, que responde as iniciais M. S. C., resultaba ferido leve nun accidente múltiple que se producía durante a noite do luns a este martes 10 na Illa de Arousa.
Ata catro vehículos impactaban cando circulaban pola PO-307 na ponte da Illa. Ata o lugar desprazábase unha ambulancia do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos do  servizo de  Emerxencias do  Concello de Cambados.
O ferido foi evacuado, pola ambulancia do 061, ao Hospital  do Salnés e queixábase de dor cervical e lumbar. O resto de ocupantes dos vehículos implicados no sinistro non precisaron de atención sanitaria.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.