TELÉFONOS DE INTERESE

29 de marzo de 2020

MORREN POR CORONAVIRUS UNHA EMBARAZADA DE 37 E TRES MAIORES . 69 É O TOTAL XA


Catro falecidos máis elevan as mortes en Galicia a 69. O virus cobrouse a vida dunha muller de 85 anos e un home de 84 no hospital de Lugo. Unha muller de 71 perdeu a vida no ferrolán CHUF. Os tres tiñan patoloxías previas. Tamén faleceu unha muller de 37 anos no Chuac da Coruña. Tiña unha patoloxía crónica previa. A muller, de 37 anos faleceu este domingo no Hospital Materno Infantil da Coruña tras ser sometida a unha cesárea na cal se lle extraeu á criatura, que naceu morta, segundo confirmaron fontes sanitarias.
A muller, que tiña unha patoloxía crónica previa, sentiu mal este sábado pola noite e presentaba febre. Cando ingresou este domingo pola mañá foi sometida á proba para determinar se estaba infectada con COVID-19, dado o seu estado febril e a que ía ser conducida a quirófano, un test que deu positivo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.