TELÉFONOS DE INTERESE

22 de marzo de 2020

DOUS NOVOS FALECIDOS, XA 18, E AS MENTIRAS DE FEIJÓO NA COMPARECENCIA

Comparecencia surrealista a desta tarde de Feijóo. Leva toda a semana reclamando mascarillas ao Ministerio de Sanidad decindo que o SERGAS non ten e hoxe nesa esperpéntica comparecencia presume de que temos en Galicia 500.000 mascarillas. Segundo os seus datos para dúas semanas, si como el dixo se consumen 250.000 á semana.

Feijóo iniciaba a súa comparecencia recalcando a falta de material sanitario, unha preocupación que lle trasladou a Sánchez. «Levamos advertindo desde hai semanas que o material ao que o Goberno se comprometeu non esta chegando. Púideno constatar co comité de seguimento de material clinico, quen de forma unánime referíronme que non hai material que sosteña a situacion na que estamos».
O Conselleiro de Sanidade na Radio Galega sigueu a consigna e detallou que a Xunta puxo en marcha «operacións de compra moi importante que chegarán nos próximos días» con equipos de protección, máscaras, respiradores ou aparellos radiolóxicos portátiles, ao non recibir aínda material por parte do Goberno. Esa subministración, explicou o conselleiro, chegará «ao longo desta semana: martes, xoves e sábado», e «cumprirá as expectativas» de subministración para «mes e medio».
Almuiña fixo un chamamento ao Ministerio de Sanidade para que envíe os kits de probas diangósticas rápidas canto antes e así estendelos non só á contorna ambulatoria, senón tamén á Atención Primaria. Ou sexa que agardaron a que Sánchez decretase o Estado de Alarma para facer as compras necesarias. Non se adiantaran? O governo de Madrid non asumeu o control da sanidade de todo o Estado ata que o decreto foi publicado, polo que o governo do PP de Galicia minte.

Para máis vergoña Feijóo dí que «Aínda que creo que o Servizo Galego de Saúde está a facelo ben, habemos de ser realistas e recoñecer as necesidades de material de todo tipo: test, elementos de protección, respiradores, material de UCI, etc».
Leer artigo G.C.
Outro engano aos galegos de Feijóo,
«En Galicia adiantámonos e hoxe temos un 70 por cento máis de camas de UCI. Tamén estendemos os test desde o coche a todas as áreas e ata 189 persoas que cursan formación médica van empezar a traballar a finais deste mes no Sergas».
O sistema público galego pasou de 160 unidades a 274, un 71 % máis. Esta mañán permanecían nas UCI´s 33 pacientes. É necesario este aumento desde hai dous días, cando había menos pacientes? E están dotadas esas novas UCI´s do material necesario? Pois non son habitacións normáis deben ter un equipamento acorde coa categoría. Non se trata de habitacións UCI´s que no seu momento e debido aos recortes se eliminaron ou quedaron en suspenso? E sigue Feijóo no seu engano aos galegos. "189 persoas que cursan formación médica van empezar a traballar a finais deste mes no Sergas". Si non houbese menos médicos e persoal sanitario que hai dez anos estas contratacións non serían necesarias ou axudarían a dar descanso ao persoal sanitario que tanto esforzo está poñendo en axudarnos aos galegos.

Os primeiros días cando a Xunta daba os datos diarios sobre o efecto da pandemia en Galicia destacaba sempre que a incidencia na nosa terra era menos que no resto do Estado. A día de hoxe eses datos xa non son facilitados. Será porque aumentou considerablemente a incidencia en Galicia?

Por outra banda a Consellería de Sanidade informa de dous novos falecementos por coronavirus. Nesta ocasión, unha paciente de 90 anos que estaba imgresada no CHUO, con patoloxías previas e unha muller de 92 anos, que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol ( CHUF) e presentaba patoloxías previas, faleceu tras contraer o coronavirus. Son xa 18 as vítimas mortais na Comunidade.

P.D. A web da Xunta parece "La Voz del PP"
Un artigo que coorobora a Cores do Salnés ElDiario.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.