TELÉFONOS DE INTERESE

20 de marzo de 2020

DOUS NOVOS FALECIDOS ELEVAN A OITO OS MORTOS EN GALICIA


Duas novas vítimas do coronavirus en Galicia. Trátase dunha muller de 93 anos e con patoloxías previas faleceu infectada con coronavirus no Hospital Universitario de Ourense. É a terceira vítima mortal do día.
Pouco antes coñecíamos o falecemento dun home de 70 anos, que estaba ingresado no CHUAC coruñés e tiña varias patoloxías previas, segundo informaba a Consellería de Sanidade. Elevan estes dous falecementos a oito o número total de falecidos. Previamente, pola mañá, informábase do deceso doutro ancián de 89 anos, en Monforte (Lugo).

Debemos cumprir as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do vírus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.