TELÉFONOS DE INTERESE

13 de marzo de 2020

AUMENTAN A 112 OS CASOS DE CORONAVIRUS EN GALICIA PERO XA HAI PACIENTES DADOS DE ALTA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización de hoxe, o número de casos confirmados de coronavirus en Galicia ascende a 112, deles 45 son da área da Coruña, 6 da de Lugo, 14 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 20 da área de Vigo, 12 da de Santiago, e 4 da de Ferrol. Debido ao cambio de protocolo introducido polo Ministerio, a partir de hoxe, informarase sobre os casos de infección con resultado positivo realizados na nosa Comunidade Autónoma.
Do total de pacientes positivos, 7 permanecen en UCI, 32 están en unidades de hospitalización e 73 no domicilio. Por outra banda, rexistráronse xa as tres primeiras, altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que dende hoxe, o Sergas pon a disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e para outros colectivos.
O departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Casos positivos por coronavirus en España: 4.231

Madrid: 2.078

País Vasco: 417

Cataluña: 320

La Rioja: 243

Comunidad Valenciana: 119

Andalucía: 219

Castilla y León: 169

Canarias: 70

Castilla-La Mancha: 194

Aragón: 80

Cantabria: 29

Asturias: 68

Baleares: 30

Extremadura: 41

Galicia: 112

Navarra: 130

Murcia: 36

Melilla: 3

Casos falecidos en España: 124

Comunidad Valenciana: 1 (Valencia)

País Vasco: 14 (Vizcaya, Álava)

Madrid: 64 (Madrid) 

Aragón: 7 (Zaragoza)

Cataluña: 6 (Barcelona)

La Rioja: 3 (Logroño)

Extremadura: 1 (Cáceres)

Asturias: 1

Baleares: 1 (Mallorca)

Castilla-La Mancha: 1 (Albacete)

Castilla y León: 2 (Salamanca)

Andalucía: 1 (Málaga)




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.