A Xunta, a través da delegación territorial de Pontevedra, iniciou esta mañá o reparto entre os concellos da provincia do primeiro material urxente de protección para atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais. Concretamente, repartíronse esta mañá 3.122 mascarillas e 17.689 guantes entre 33 municipios pontevedreses.
Ademais, desde a Delegación organizouse tamén a actuación do Servizo de Defensa Contra Incendios para levar a cabo a desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde.
Por outra banda, a rede de centros educativos da Xunta tamén pon a disposición todo o material susceptible para a loita contra o Covid-19.
O Posto de Mando Avanzado foi constituído o pasado sábado.
Entre os cometidos do Posto de Mando Avanzado está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación coa FEGAMP que xa conta cun formulario na súa web para recoller esa información.Ademais, actúa como un punto de información para os concellos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.