TELÉFONOS DE INTERESE
▼
25 de marzo de 2020
A SELECTIVIDADE ( ABAU) CELEBRARASE ENTRE O 22 DE XUÑO E O 10 DE XULLO
A proba de acceso á Universidade ( EBAU, ABAU en Galicia) celebrarase este curso entre o 22 de xuño e o 10 de xullo na súa convocatoria ordinaria e antes do 10 de setembro na extraordinaria. Aprobouno este mércores a ministra de Educación, Isabel Celaá, xunto aos conselleiros autonómicos do ramo na Conferencia Sectorial telemática, onde se acordou que "o modelo de exame axustarase á excepcionalidade" que supón o actual estado de alarma para non prexudicar ao alumnado. Explicouno Educación nunha nota, onde tamén se informou de que se suspenden as probas de avaliación diagnóstica de terceiro e sexto de primaria e cuarto da ESO.
Tanto o Goberno central como as comunidades autónomas e os reitores acordaran aprazar os exames de Selectividade deste ano, previstos durante as primeiras semanas de xuño, tras a interrupción da actividade docente pola alerta provocada polo COVID-19 e o establecemento do estado do alarma. No caso galego, a selectividade estaba prevista inicialmente entre o 9 e o 11 de xuño e entre o 7 e o 9 de xullo, na súa convocatoria extraordinaria. Co acordo adoptado este mércores e salvo esta última, que pasaría a setembro, as datas de celebración da ABAU non experimentarían un desfasamento acusado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.