INCIDENCIAS POLO TEMPORAL NAS PRIMEIRAS HORAS EN CAMBADOS
Durante a madrugada e a mañán de hoxe o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados procedeu limpar e arranxar varias incidencias acaecidas por mor das inclemencias do tempo e un pequeno accidente na Plaza do Concello. En ningún caso houbo que lamentar danos as persoas e sí danos materiais de escasa consideración. 1° Caída de iluminación pública do Nadal na rua Narciso Pérez.
2° Retirada de chapas na rua Pintor Maside.
3° Caída dunha árbore en Castrelo sobre un coche.
4° Accidente de tráfico praza Concello, un camión da obra da rúa Ourense derrubou unha farola.
5° Retirada de contedores movidos por vento en diferentes rúas.
6° Limpeza de arquetas por balsas de auga.
Nas intervencións colaboraron a Garda Civil de Tráfico, Operarios Municipais, Policía Local, Garda Civil ou os Bombeiros do Salnés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.