TELÉFONOS DE INTERESE

7 de noviembre de 2019

CULTURA E TURISMO DESTINA 163.000 EUROS A 10 PROXECTOS DO XACOBEO 2021 NA COMARCA DO SALNÉS


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá os 163.000 euros que a Consellería de Cultura e Turismo destina a 10 proxectos do Xacobeo 2021 na comarca do Salnés dentro do programa “O teu Xacobeo”.
Entre os beneficiados se atopan o IES Fermín Bouza Brey, a Real Federación Galega de Vela, a Asociación Bata e a Asociación TDAH Salnés.
A convocatoria aberta de proxectos O Teu Xacobeo permitirá impulsar 352 iniciativas de dinamización en máis dun cento de concellos de toda Galicia. Este proxecto, que conta cun investimento de 4,7 millóns de euros por parte da Xunta, permitirá mobilizar preto de nove millóns de euros en todo o territorio ao longo deste 2019 e ata abril do 2020.
Esta iniciativa, impulsada co obxectivo de implicar e fomentar a participación de todos os axentes da sociedade no deseño do próximo Xacobeo 21, recibiu un total de 652 propostas nas tres liñas de axuda abertas o que motivou que pasara dos 2 millóns iniciais a un total de 4,7.
No caso da primeira liña de axudas, destinada a proxectos formulados por entidades locais (concellos galegos, mancomunidades, consorcios locais ou deputacións), impulsaranse un total de 80 proxectos que contarán cun investimento de preto dun millón de euros. A meirande parte destas iniciativas permitirán mobilizar recursos locais, fomentarán a innovación e o uso das TIC e farán especial énfase na promoción de artistas ou creadores galegos.
A segunda das liñas favorecerá a posta en marcha de 89 iniciativas propostas por pemes e particulares nas que se investirán preto de 1,5 millóns de euros en poxectos centrados no desenvolvemento rural, o impulso de talento emerxente ou o fomento da igualdade. Por último, a terceira das liñas permitirá que boten andar 183 propostas de entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro e contará cun orzamento de 2 millóns de euros. “Confiamos en que esta iniciativa sentará as bases dun Xacobeo que sintan como propio todos e cada un dos galegos”, recalcou Román Rodríguez.
O Teu Xacobeo representa o carácter “participativo, descentralizado e sustentable” do próximo Ano Santo polo que aposta a Xunta. A posta en marcha dos diferentes proxectos permitirá ampliar a repercusión da celebración, anticipando e levando a súa influencia máis alá do 2021, ao tempo que se avanza na súa “descentralización”, implicando a todos os concellos de Galicia.
As iniciativas seleccionadas abranguen un total de cinco áreas: o ámbito artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, ámbito deportivo e ámbito social. O ámbito artístico comprende toda unha serie de disciplinas como artes visuais, arquitectura, deseño, cultura dixital, moda, cinema e documental, todo tipo de músicas, artes escénicas, literatura e libro. No eido do patrimonio, historia, pensamento e espiritualidade terán cabida foros de reflexión, encontros, publicacións, estudos, etc.
En canto a área gastronómica, inclúense experiencias e actividades de elevado valor engadido, que contribuirán a dar a coñecer e gozar do patrimonio enogastronómico de Galicia achegando a visitantes e locais unha parte das tradicións, oficios, cultura, historia e identidade territorial, así como a promoción de produtos con denominación de orixe ou indicacións xeográficas.
No ámbito deportivo realizaranse eventos de distintas disciplinas deportivas. Inclúense actividades dirixidas e ao aire libre como camiñadas ou rutas organizadas e tamén disciplinas relacionadas co benestar e o gozo respectuoso da natureza. Por último, o ámbito social contempla proxectos relacionados coa defensa dos dereitos humanos ou vinculados a colectivos vulnerables.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.