TELÉFONOS DE INTERESE
▼
10 de noviembre de 2019
A ANPA DO CABANILLAS PIDE QUE SE PAREN AS OBRAS EN HORARIO LECTIVO
Este pasado venres tivo lugar unha asemblea extraordinaria da ANPA "Arco de Fefiñáns" do I.E.S. Ramón Cabanillas de Cambados.
A primeira parte da asemblea consisteu nunha visita dos pais e nais as obras. Na segunda parte espuxéronse varias medidas a tomar.
A principal foi a de enviar senllos escritos a Consellería a Delegación de Educación e ao Concello pedindo que as obras se paren en horario lectivo para evitar que os alumnos vivan nun clima de semi caos durante as clases.
Esta medida tómase despois dun suceso que se produxo hai uns días e que provocou so danos materiais, pero con un risco considerable para as persoas.
Lembremos que desde agosto o instituto está en obras. Un proxecto que está a levar a cabo a Consellería de Educación para gañar en eficiencia enerxética. Estanse a cambiar ventás, falsos teitos, cambiarase a caldeira da calefacción e arranxos no tellado.
@s alumn@s están a soportar as molestias que provocan este tipo de obras por valor de máis dun millón de euros. Obras que poñen en risco a seguridade e saúde dos rapaces porque provoca ruídos, po e demais molestias como, problemas de asma e alerxias e que afectan á calidade do estudo. Na asemblea propúxose dirixir un escrito á consellería expoñedo estas demandas. Desde a ANPA aceptan que evitar que as obras coincidan co horario lectivo, poida supor, previsto para finais deste mes de novembro.
Esta mesma semana está prevista unha reunión da alcaldesa, Fátima Abal, co xefe territorial de Educación para falar do tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.