PRIMEIRA SENTENZA CONTRA A CASA ARMADORA DO "SIN QUERER DOS"
Como informamos hai unhas horas celebrouse hoxe o segundo dos xuicios contra a empresa armadora do "Sin Querer Dos" polo despedimento de 8 dos sobreviventes do barco. Minutos despois de rematar este xuicio coñecíase a sentenza do primeiro xuício trala denuncia de outro dos mariñeiros da tripulación do barco con base en Portonovo. Queda por celebrar un terceiro xuício interposto por outro mariñeiro afectado. A sentenza resolve a favor do denunciante polo que a empresa armadora deberá indemnizar ao mariñeiro ou readmitilo. Ante esta sentenza cabe recurso que se podería interpor nun prazo de 5 días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.