TELÉFONOS DE INTERESE

4 de julio de 2019

DOUS ACCIDENTES, UN INCENDIO E A ROTURA DUNHA TUBAXE ESTA MADRUGADA EN CAMBADOS



O servizo municipal de emerxencias tivo a pasada madrugada máis traballo do normal.

Pouco despois de medianoite na estrada de Cobas de Lobos, na parroquia de Vilariño., prodúxose un primeiro accidente. Un vehículo saíuse da vía e impactou contra un contedor de recollida de vidro. Nou houbo que lamentar feridos pero si danos materiais tanto no coche como no contedor.
O segundo accidente foi uns minutos antes das 3.30 horas da madrugada. Ao igua que no caso anterior saldouse sen feridos e consistiu nunha saída de vía. O vehículo empotrouse contra a madeira que oculta os contedores do lixo. Foi na avenida de Galicia, xunto o Centro de Saúde.

Ademáis desto, Protección Civil de Cambados participou a pasada madrugada na extinción dun conato de incendio forestal declarado en Tragove. O aviso foi dado sobre as catro da mañá nunha zona do lugar de Os Muíños, e víronse afectados uns 50 metros cadrados de superficie. O incendio empezou na zona moi próxima a estrada.

E despois do incendio a auga. Os membros do equipo municipal de emerxencias tiveron que desprazarse á rúa Rodas, para controlar a rotura dunha tubaxe de auga. Preto das cinco menos cuarto da mañá.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.