TELÉFONOS DE INTERESE

22 de julio de 2019

CONATO DE INCENDIO NO FROIZ DO CENTRO DE CAMBADOS




Onte ás 01:38 Protección Civil de Cambados recibía un aviso do 112 informando dun incendio no garaxe do Supermercado Froiz da rúa San Francisco. 
Á chegada das duas dotacións, non aprecian fume.  Falan co particular que dera aviso e informa que o fume saía por unha cheminea. Comproba P.C. coa cámara  térmica e os resultados son normais.  Avisan posteriormente ao xerente do Supermercado para poder acceder ao aparcadoiro e  comproban que ao irse a luz, salta o xerador e de aí proviña o fume ao arrincar.
Na intervención traballaron a Garda Civil de Cambados, Bombeiros do  Salnés e Protección Civil.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.