TELÉFONOS DE INTERESE
▼
8 de julio de 2019
A PESAR DA FALLA DE VOCACIÓNS DOUS NOVOS SACERDOTES DO SALNÉS FORON ORDEADOS ONTE
O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu este domingo a solemne Eucaristía na que foron ordenados sacerdotes os mozos Eduardo Amado Brea, Santiago Telmo Dopazo e Damián Vidal Bouzas. Eduardo Amado Brea, nacido en 1989, ten as súas orixes en Betanzos, aínda que reside na Coruña, onde realizou os estudos obrigatorios e é fregués da parroquia da nosa Señora de Fátima. No ano 2013 ingresa no Seminario Maior Compostelán para iniciar a súa formación sacerdotal. Alí fixo o Bacharelato en Teoloxía e comezou estudos en Filosofía e Teoloxía Fundamental, á vez que é secretario do bispo auxiliar. Santiago Telmo Dopazo naceu o 5 de febreiro de 1993, bautizado na parroquia de San Esteban de Noalla, pero trasladouse á parroquia de San Juan de Meaño ao pouco tempo, onde viviu a infancia ata que ingresou no Seminario Menor de Santiago para realizar os estudos da ESO e o Bacharelato. Tras finalizar os estudos no Seminario Menor ingresou no Seminario Maior.
Este último curso realizou as súas tarefas pastorais na parroquia de Santa Mariña de Cambados. Damián Vidal Bouzas naceu o 14 de novembro de 1993, natural da parroquia de S. Pedro de Vilalonga, Concello de Sanxenxo. Realizou a ESO no colexio salesiano de Castrelo (Cambados), onde por primeira vez, sentiu a chamada do Señor cara ao sacerdocio. Logo, ingresou no Seminario Menor de Santiago de Compostela, onde realizou os estudos de Bacharelato en Humanidades, tras o que ingresou no Seminario Maior Compostelán, onde realizou os seus estudos en Teoloxía.
Este último ano, realizou as súas tarefas pastorais na parroquias de san Vicente, san Lorenzo e santo Tomé de Nogueira (Meis).
A Misa celebrouse na Igrexa do Mosteiro de San Martín Pinario, onde o arcebispo compostelán lembroulles aos tres que "o sacerdote non se pertence a si mesmo, non vive para si mesmo e non busca o que é seu senón o que incumbe a Cristo. O ministerio sacerdotal non é un oficio ou unha obrigación, senón un don”, aconsellándolles que eviten e non fagan caso da críticas e habladurías dos malos momentos. "Tendede sempre cara á santidade que é o rostro máis belo da Iglesia”, díxolles monseñor Julián Barrio, asegurando que "a finura espiritual evitará que vos convertades en burócratas da pastoral. Estades expostos ao zapping, pero sede capaces de discernir para afirmar as vosas decisións”. Na súa mensaxe final aos asistentes, o arcebispo de Santiago quixo darlles as grazas aos novos sacerdotes, así como ás súas familias e aos amigos presentes. Tamén a Deus, a quen "en días como este hai que darllas de forma especial", aínda que quixo pedirlle "que lembre que a mies é moita e os obreiros seguen sendo poucos, polo que lle pedimos que siga mandando obreiros ao seu mies". O acto relixioso pechouse cunha pechada ovación para os tres novos sacerdotes da Arquidiocese de Santiago, mentres o coro pastoral pechaba unha brillante actuación co canto do "Aleluia".
Homilía de mons. Julián Barrio


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.