TELÉFONOS DE INTERESE

10 de mayo de 2019

TRES CONFRARÍAS DO SALNÉS E UNHA S.A.T. RECIBIRÁN AXUDAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


A Deputación adxudica axudas a 21 confrarías e a 11 cooperativas agrogandeiras da provincia por case medio millón de euros
As achegas ás confrarías de pescadores, pescadoras e agrupacións de mariscadoras benefician a entidades de 17 concellos e ás cooperativas agrogandeiras, a 5 municipios
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a adxudicación de axudas para confrarías de pescadores e pescadoras e para agrupacións de mariscadoras, así como para cooperativas agrogandeiras da provincia por valor de case medio millóns de euros. As primeiras, cunha contía de 250.000 euros, beneficiarán a 21 entidades de 17 concellos e, as segundas, concédense a 11 entidades de 5 municipios por un total de 200.000 euros.
Entre as actuacións máis demandadas polas confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia están as de mellora, reparación e mantemento das instalacións, así como a adquisición de materiais e vehículos. En concreto, as 21 entidades ás que se lle concederon estas axudas son a Confraría de pescadores La Anunciada, de Baiona; a Confraría de Pescadores de San Martiño de Bueu; a Confraría de Pescadores de San Antonio de Cambados; a Confraría de Pescadores de San Xose de Cangas e a Confraría de Pescadores San Cipriano de Aldán, tamén en Cangas; a Confraría de Pescadores de San Martiño do Grove; a Confraría de Pescadores Santa Tecla da Guarda; a Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa; a Confraría de Pescadores de San Martiño de Moaña; a Confraría de Pescadores San Gregorio de Raxó, en Poio; a Confraría de Pescadores San Telmo de Pont e a Confraría de Pescadores San Andrés Lourizán, de Pontevedra; a Confraría de Pescadores de San Xoán, de Redondela; a Confraría de Pescadores Santa Rosalía de Sanxenxo; a Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, en Soutomaior; a Confraría de Pescadores San Francisco, de Vigo; a Confraría de Pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira; a Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Carril e a Confraría de Pescadores Virgen del Rosario de Vilagarcía de Arousa; e, por último, a Confraría de Pescadores A Pastoriza, de Vilanova de Arousa.
En canto ás axudas a cooperativas agrogandeiras, que se destinan a 11 entidades, as actuacións máis demandadas tamén son a compra e a adquisición de maquinaria e materiais, así como a mellora nas instalacións e nos equipamentos. Máis polo miúdo, as cooperativas beneficiarias son Ullama, na Estrada; a Cooperativa Agrícola de Forcarei-Sociedade Cooperativa Galega, de Forcarei; Aprodeza-Sociedade Cooperativa Galega, Campodeza-Sociedade Cooperativa Limitada, Cobideza-Sociedade Cooperativa, Cooperativa Gandeira de Botos-Sociedade Cooperativa Galega, Sociedade Cooperativa Gandeiros do Deza, Valle del Deza-Sociedade Cooperativa Agraria Limitada e Xuncoga-Sociedade Cooperativa Limitada, todas de Lalín; a Sat N 4035, de Ribadumia; e a Cooperativa del Campo o Rodo, de Rodeiro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.