TELÉFONOS DE INTERESE
▼
7 de mayo de 2019
TODO PREPARADO PARA O II FESTIVAL BENÉFICO "ESCOITAME"
Maratón musical a beneficio da Asociación Galiciame (Asociación Contra a Atrofia Muscular Espinal), que se celebrará o venres 17 de Maio na praza de Fefináns de Cambados. Os actos darán inicio ás 12.00 horas coa sesión vermú onde se poderán degustar empanada, xamón e polbo e unha deliciosa paella. Os asistentes poderán ademais deleitarse coas actuacións musicais de Dani Barreiro, Rosa Cedrón, Vizcaíno, Jorge Casal e Pauliña, entre outros, e con pasacalles a cargo de charangas. Pola tarde, ás 17.00 horas, proseguirá o evento coas actuacións de orquestras Ritmo Joven, La Ola, Galilea e Claxxon. Haberá actividades para os máis pequenos; inchables e pintacaras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.