TELÉFONOS DE INTERESE
▼
13 de mayo de 2019
POR FIN CAMBADOS ACOLLERÁ UNHA FEIRA DO LIBRO
Cambados unirase a outras vilas e cidades galegas que celebran feiras do libro. Por primeira vez o Concello de Cambados acollerá unha feira do libro e desde o governo local queren que a feira teña continuidade en vindeiros anos. Será do 19 ao 22 de xuño no Paseo da Calzada.
O Porriño foi esta fin de semana a cuarta cita do calendario das Feiras do Libro de Galicia 2019, seguiralle Celanova, o 23 de maio; Ourense, do 29 de maio ao 1 de xuño; Redondela, do 6 ao 9 de xuño; Ribeira, do 13 ao 16 de xuño; e o concello de Cambados, onde estará entre o 19 e o 22 de xuño. Xa no inicio do verán, as citas serán nos municipios de Vigo, do 27 de xuño ao 6 de xullo; Ponteareas, do 11 ao 14 de xullo; e a localidade de Rianxo, entre o 25 e o 28 de xullo. Pecharase a edición do 2019, xa no mes de agosto, en Coruña, desde o 1 ata o día 11; en Viveiro, do día 14 ao 18; en Foz, entre o 22 e o 25; e, finalmente, en Monforte de Lemos, do día 28 ao 31.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.