TELÉFONOS DE INTERESE

3 de mayo de 2019

ACTO DE DIVULGACIÓN SOBRE A COMPOSTAXE

Mañán sábado, dia 4 de Maio a partires das 9 h, farase un acto de divulgación e entrega de compost ós veciños e veciñas de Cambados. No párquing da praza da abastos se ubicará unha carpa onde o Mestre Composteiro xunto coa Técnica de Medio Ambiente Municipais repartirán bolsiñas de compost producidos nos Centros Comunitarios de Compostaxe que hai espallados polo Concello. No acto, tamén se falará das novas localizacións propostas, así como sobre os refugallos a depositar no punto limpo, o seus horarios e localizacións, un novo proxecto dun punto limpo móbil, etc. Ademais, os cidadáns que así o consideren, poderán anotarse para solicitar un composteiro individual. Este recipiente de plástico reciclado, se cederá gratuitamente á veciñanza que dispoña dun pequeno espazo (xardín ou horta) onde ubicalo, co compromiso de utilizalo para verter alí a materia orgánica producida nos seus fogares.

Despois dun tempo, e contando en todo momento co asesoramento do Mestre
composteiro, o abono ecolóxico producido poderá ser usado por eles mesmos na horta ou xardín, pechando así o circulo e xerando un recurso ambientalmente seguro e gratuíto, a partires dun residuo. Estes actos, xunto con outros xa realizados, como entregas de composteiros individuais o pasado mes de Febreiro, charlas en centros educativos ou nunha cooperativa agrícola, se encadran dentro das obrigas que os veciños e veciñas de Cambados (e de calquera vila de mais de 5000 habitantes) terán que cumprir a partires do próximo mes de Decembro, acorde coa da nova normativa europea en materia de residuos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.