TELÉFONOS DE INTERESE

30 de abril de 2019

SOMOS CAMBADOS PRETENDE DOTAR DE WIFI GRAUITA A ZONAS DO CASCO URBANO E DAS PARROQUIAS

O proxecto estaría subvencionado por fondos europeos, o sistema sería similar o proxecto que se vai a implantar no Polígono Industrial e que xa esta aprobado o financiamento pola Deputación de Pontevedra

O candidato a Alcaldía de Cambados por Somos Cambados, Tino Cordal, ven de presentar a proposta de dotación de Wifi pública e gratuíta que se vai implantar no casco urbano e nas parroquias, e que incluirá a mellora do servizo de internet en todo o municipio, e para elo teñen preparado un ambicioso proxecto para presentar ante a Unión Europea, que dispón de liñas de financiamento para este tipo de proxectos, entre elas a iniciativa “Wifi4EU”, e con outras administración públicas.

A mellora e a calidade de internet en determinadas zonas do municipio é unha demanda que numerosos veciños trasladaron aos concelleiros de Somos Cambados, e que Cordal considera imprescindible para dotar dos mellores servizos a todos os cambadeses, independentemente do seu lugar de residencia. Trátase dunha solución integrada na que se inclúe o equipamento, instalación e acceso, así grazas a que nestes días xa se esta a instalar fibra óptica en varias parroquias de Cambados, esta mellora da velocidade de conexión de Internet no casco urbano e nas parroquias, vai ser imprescindible para poder implantar o novo sistema de wifi pública en Cambados de calidade.

Cada vez máis, as administracións públicas demandan poder proporcionar servizo de internet mediante acceso Wifi tanto aos seus cidadáns como ao seu propio persoal. Esta demanda require que a solución prestada axústese ás necesidades técnicas e legais para poder proporcionar un servizo de forma segura e de alta calidade. Así o proxecto para a instalación do servizo de Wifi Gratuíta vai tomar como modelo de implantación o sistema xa aprobado pola Deputación de Pontevedra para a instalación no Polígono Industrial Sete Pías e que xa dispón do financiamento para a súa posta en funcionamento. O sistema de Wifi Pública vaise implantar mediante unha solución integrada onde se inclúe o equipamento, instalación e acceso; trasladando isto ao servizo, que se realizará de forma integral. Para a seguridade vaise crear unha rede pública e outra privada, estas redes se xestionarán de forma totalmente diferenciada eliminando calquera problema de seguridade; ademais á rede pública contara cunha restrición de uso aos usuarios, e vaise incorporar un filtrado de contidos. O acceso sería mediante un sistema de autentificación mediante SMS na rede pública.

Este ambicioso proxecto, do que se beneficiarán tanto os veciños do casco urbano como das parroquias, é compatible co disposto na Lei 9/2014, Xeral de Telecomunicacións e axústase ao establecido no artigo 85 da Lei 7/1985 Reguladora das bases de Réxime Local. Neste mandato, os concelleiros de Somos Cambados xa xestionaron a rede de alta velocidade no Polígono Industrial “Sete Pías” e que segundo a opinión dos seus usuarios está funcionando moi satisfactoriamente. Cómpre destacar que tamén se insatalou outro punto de acceso Wifi gratuíto no  parque da Seca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.