TELÉFONOS DE INTERESE

2 de abril de 2019

SOMOS CAMBADOS PRESENTA A SÚA CANDIDATURA ESTE SÁBADO ÁS 19:30 EN EXPOSALNES

Tino Cordal encabeza unha candidatura con maioría de mulleres. Están representadas todas as parroquias e sectores produtivos de Cambados. A presentación da candidatura terá lugar este sábado ás 19:30 h. no salón de actos de Exposalnés.

Tino Cordal presenta unha candidatura na que se conxuga experiencia e renovación, na que a metade dos seus integrantes xa formara parte da lista electoral de 2015 e o resto foise incorporando nos últimos anos ao proxecto de Somos Cambados.
A única exixencia á hora de elaborar a candidatura foi que os candidatos concebiran a política municipal como un servizo público ao que se chega cando xa se ten un medio de vida, o que garante que a defensa dos intereses veciñais non se vexa condicionada pola necesidade de ter un salario público.
A candidatura está encabeza por Tino Cordal, tenente de Alcalde e responsable das áreas de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade no goberno municipal. Natural de Fefiñáns e veciño de Oubiña, é Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense, Master en Administración Pública pola Universidade de Lovaina (Bélxica), e Profesor da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo e Vicedecano da Universidade de Vigo. Nestes catro anos compaxinou a docencia no campus de Pontevedra e Ourense coa actividade municipal, sendo o único dos candidatos á alcaldía que non percibiu ningún salario pola a súa actividade política. 
As súas xestións foron decisivas para desbloquear ante a Xunta de Galicia a apertura do centro de día, conseguir do goberno central a financiación para a reforma da Casa do Mar, acadar que Cambados fora sede de congresos do ámbito sanitario que trouxeron á nosa vila centos de persoas, e duplicar o presuposto e o persoal da área de servizos sociais, o que posibilitou que se reducira a unha semana o tempo de espera para unha cita neste departamento. Baixo o seu mandato se construíron novos parques infantís, se realizaron numerosas actividades para a terceira idade e a poboación infantil, e se conseguiu a atención domiciliaria hospitalaria. Especial mención merecen as campañas de reivindicación da defensa da sanidade pública e contra os recortes no Centro de Saúde cambadés.
O empresario Xurxo Charlín será o número de dous da candidatura. Desde 2015 este veciño de Cambados e titulado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo, é concelleiro de Economía e Facenda. Nestes 4 anos tivo que facer fronte á enorme débeda deixada por Aragunde. Grazas á súa rigorosa xestión, hoxe Cambados é un concello saneado, no que os se seus veciños se beneficiaron da maior baixada de impostos da historia.
As actividades de promoción do comercio foron constantes nestes 4 anos, destacando a celebración da Feira de Oportunidades, que pasou a ter carácter anual, ou o recentemente celebrado Desmarket, ao que acudiron máis de 5.000 persoas.
A número 3 da candidatura é Carolina Aragunde Laya, natural de Vilariño e veciña de Corvillón. Licenciada en Xornalismo e empresaria. 
Traballou durante 5 anos no Reino Unido en diferentes empresas do ámbito da comunicación, as ventas e a comercialización dixital, alcanzado os postos de Marketing Manager e PPC Executive. Nestes postos de dirección xestionou importantes presupostos, ademais de exercer de formadora de distintas áreas empresariais. 
De volta a Cambados, fundou a súa propia empresa desde a que traballa para importantes firmas de Estados Unidos, Alemaña, Inglaterra ou Francia. Somos Cambados pretende que Carolina sexa un exemplo para os centos de mozos cambadeses que traballan no estranxeiro. Por iso, unha das prioridades da nosa acción de goberno será crear as condicións axeitadas para que podan regresar e, como Carolina, consigan traballen desde a súa terra.
Fernando Patricio Rey, natural de Castrelo, é o 4º integrante da candidatura. Directivo dunha cooperativa vitivinícola e presidente do Club de Atletismo Cambados, na actualidade traballa como axente inmobiliario.
Noelia Gómez, veciña de Cambados, ocupa o número 5 de Somos Cambados. É fundadora e presidenta do Club INNAE Cambados de Taekwondo, cinturón negro Terceiro Dan e árbitro nacional. Noelia foi a organizadora do Campionato provincial de taekwondo para escolares, celebrado en Cambados hai unhas semanas, e que trouxo á nosa vila a máis de 250 familias.
A candidata número 6 é Teresa Piñeiro Morrazo, natural de Corvillón e veciña de Fefiñáns. Representante das mariscadoras na Confraría de pescadores de Cambados e membro do Cabildo.
Antón Cordal Barreiro, veciño de Cambados e director administrativo dunha empresa depuradora de moluscos en Castrelo ocupa o 7º posto, xa participara na anterior lista electoral.
Silvia Vozza Chazo, veciña de Corvillón e técnica en atención sociosanitaria a domicilio especialista no coidado de persoas dependentes e maiores, é a candidata nº 8, e tamén participou na anterior candidatura.
A filóloga de Vilariño e profesora do IES Asorei, Inma Castro González, ocupa o noveno lugar da candidatura.
O décimo posto é para o profesor de ensino Manuel Fariña, licenciado en Ciencias Políticas e Diplomado en Maxisterio. Colaborador do fútbol base do Club Juventud Cambados e membro de varias asociacións culturais.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.