TELÉFONOS DE INTERESE

23 de abril de 2019

CONCERTO DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO NO AUDITORIO DA XUVENTUDE


O Departamento de Vento Metal do  CSMVigo ven facendo unha intensa programación de actividades ao longo dos anos. Os concertos realizados son unha mostra diso, as  Fanfarrias litúrxicas de  H.  Tomasi, a celebración do Día da Música tocando desde as terrazas do Conservatorio, a Homenaxe a D.  Schnyder; a través do programa Erasmus coa visita e concerto do profesorado en Roma, visitas de profesorado entrante como Thomas  Horch,  Silverio  Valeriani,  Giuseppe  Scaratti, Igor Lazic, Brandon Craswell, ou o intercambio de alumnos con centros de toda Europa; os concertos de grupos de profesores-alumnos; cursos de especialización con Francisco Rosario, Tino  Nuñez, Jon  Etterbeek,  Petur  Eirikson, Santiago Blanco,  Filipe Alves, David  Rejano, Javier Castaño,  Jesper  Boile  Nielsen, Sección grave da Orquestra do Porto, Adán Delgado, Javier Simó, Diego Cal, John Aigi…


O Ensemble de Trombóns, Bombardinos e Tubas do  CSMVigo ofrecen un concerto con obras relevantes para estes instrumentos e unha viaxe a través da historia da música, colaxe de estilos e composicións. Esperamos que gocen do concerto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.