TELÉFONOS DE INTERESE

3 de abril de 2019

A XUNTA BOICOTEA DE NOVO AO CONCELLO DE CAMBADOS


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a convocatoria para a cobertura de 147 prazas de auxiliares de policía local para este verán. A Xunta decidiu, así, aumentar en 38 o número de persoas contratadas para este servizo con respecto ao ano 2018. Deste xeito, varios concellos como, por exemplo, Bueu, Cedeira e Ponteareas, que non dispuxeron de prazas o ano pasado, si o farán este, con oito, catro e seis, respectivamente. Noutros casos, a cifra de prazas será incrementada -O Carballiño e Vilagarcía, por exemplo-. En cambio, hai cinco concellos -A Pobra do Caramiñal, Cambados, Rianxo, Sada e Vilanova de Arousa- que dispoñerán de menos prazas para este verán.
Lembrade que o PP local pedira que o concello de Cambados deixara en más da Xunta o proceso para dotar ao noso povo de auxiliares da Policía Local co pretexto do aforro de cartos. Pois si que imos a aforrar, no canto dos 5 auxiliares que se contrataban para o período estival imos ter menos. Xa está o servicio como está como para que a Xunta non conceda o solicitado. Como vemos Vilanova tamén verá mermada a cantidade de efectivos. Agardamos ansiosos as declaracións do seu alcalde, o ínclito Gonzalo Durán. O prazo de presentación das solicitudes é de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG. As persoas que queiran ser contratadas deberán presentarse a unha oposición consistente nun test de 50 preguntas, ademais das probas físicas sinaladas na convocatoria. Tamén será necesario presentar o Celga 3 ou, na súa falta, realizar unha proba de coñecementos sobre a lingua galega. Unha vez superado ese procedemento, as persoas admitidas e as incluídas na lista de reservas terán que superar un curso de formación teórico-práctico na AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública), un requisito indispensable para ser contratadas. Este é o segundo ano no que os concellos -67 nesta ocasión- delegan na Xunta a selección deste persoal de policía. A esta convocatoria de auxiliares sumarase próximamente un novo proceso de categorías de policía con máis de 120 prazas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.