TELÉFONOS DE INTERESE

9 de febrero de 2019

UN MORTO EN VILANOVA E UN CONDUCTOR A UN XULGADO TRAS UN ACCIDENTE EN CAMBADOS

Un veciño de Vilanova perde a vida tras sufrir un accidente co tractor que manexaba.

Un home falece en Vilanova cando traballaba co seu tractor nunha finca da súa propiedade.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o tráxico suceso produciuse pasadas as once desta mañá no lugar da Pantrigueira. Alí acudiron os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que nada puideron facer por salvar a vida do home. Tamén desprazouse unha dotación dos Bombeiros do Salnés, mais descartaron intervir en canto comprobaron que a vítima estaba liberada e accesible. 
Pola súa banda, os axentes da Policía Local e da Garda Civil tratan, arestora, de aclarar as circunstancias que provocaron o accidente.

Mentras en Cambados un conductor foi levado ao Xulgado desta vila tralo accidente que provocou esta pasada noite na Alameda de San Tomé.

Como resultado deste suceso duas persoas resultaron feridas, unha muller e o seu copiloto que acudiron aos servizos sanitarios polos seus propios medios.

Na intervención colaborou a Garda Civil de Cambados, Garda Civil de Tráfico, Atestados e Protección Civil de Cambados.

Info e imaxes: Protección Civil Cambados




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.