- No debate desta xornada sobre vivenda social e especulación do mercado inmobiliario en Europa, participaron alcaldes, concelleiros e eurodeputados de toda Europa.
A edil de Gañemos Vilanova, Elena Cores, o edil de Somos Ribadumia, Enrique Oubiña, e o edil de Somos Cambados, Xurxo Charlín, xunto con varios representantes da política municipal galega participaron este xoves no Parlamento europeo nas xornadas da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas (Realpe), que organiza o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).
Os representantes das mareas municipais do Salnés, invitados pola eurodiputada galega Lídia Senra, reunironse con outros alcaldes, concelleiros e persoas con responsabilidades relacionadas co ámbito local de diferentes puntos da Unión Europea, así como tamen, varios parlamentarios europeos, para debater e posta en comun de solucións do problema da Vivenda Social e a especulación en Europa.
A primeira representante da comarca do Salnés en intervir no debate, foi a edil de Gañemos Vilanova, Elena Cores, quen puxo de manifesto a insuficiencia de prazas públicas nos centros xeriatricos e de atención social existentes non só no concello de Vilanova de Arousa e na Comarca do Salnés, se non que se trata dunha problematica que atinxe a toda a cidadania galega e a problematica que acarrexa na politica de vivenda social.
Xa para rematar o edil de Somos Cambados, Xurxo Charlín, puxo de manifesto a dificultade que teñen os mozos e as persoas en risco de exclusión social, para poder acceder a unha vivenda nos Concellos turisticos como é o caso de Cambados, e pola contra, existen numerosos inmobles que se atopan en toda a comarca en construcción e sen rematar dende fai anos, froito da burbulla inmobiliaria; edificios enteiros que son propiedade das entidades financeiras que contaron con inxentes cantidades de fondos públicos para ser rescatadas, polo que, dende a eurocamara deberianse impulsar medidas para que estes inmobles pasen a ser propiedade das administracións locais, e así poder rematar as obras nestes inmobles, axudando a erradicar feismo urbanistico en moitos casos, e podelas destinar a aluguer ou venta como vivendas de protección social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.