TELÉFONOS DE INTERESE

21 de febrero de 2019

MANIFESTO DO COLECTIVO FEMINISTA "A NAICIÑA"

Neste mes de febreiro un grupo de mulleres puxeron en común o seu interese en crear un Colectivo Feminista. Esta é unha necesidade cívica de persoas que sinten o impulso positivo de xuntarse, compartir experiencias dialogar e aprender. E levar o que naza desta sinerxia a todos os ámbitos posibles, xerar unha rede de confianza na que todas as persoas que queiran poidan participar con elas deste movemento, o feminista, cunha historia detrás pero máis que nada, con moito futuro.
Entenden, estas mulleres, que o feminismo é unha realidade imposible de abranguer. Elas mesmas son conscientes de que cada unha individualmente é diferente ás demáis, por iso mesmo para sumar todo o que poidan, decidiron a partir desde o máis  de explicar, "o feminismo é liberador, para tod@s. Trátase de buscar igualdade de dereitos, de educar nesa igualdade, de aliarse entre as mulleres e tamén cos homes. O importante non é de onde vimos ou o xénero o importante é chegar co afecto a reinvindicar un feminismo en positivo.

Este foi o mínimo no que se puxeron de acordo.

Por iso invitan á súa segunda xuntanza e primeira asemblea aberta en Exposalnés o vindeiro dia 1 de marzo ás seis da tarde.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.