No dia de hoxe tivo lugar o acto de presentación da campaña do Dia do Pai que con motivo da referida celebración vai a levar a cabo a asociación.
Para a presente campaña, a asociación repartirá entre os seus clientes, un total de 30.000 boletos de participación, cos cales, os clientes dos diferentes establecementos asociados poderán optar a un dos premios da campaña.
En esta ocasión os premios serán os seguintes:
- 600 euros en vales compra, repartidos como segue: 1 premio de 200 euros; 2 premios de 100 euros; 4 premios de 50 euros.
- Ademais haberá un premio especial que consistirá nun fin de semana en Asturias para unha familia, na que, ademais do aloxamento, os gañadores poderán disfrutar do famoso descenso do Rio Sella.
O Sorteo da campaña realizarase o venres 22 de marzo ás 13:00 horas na sede da asociación (Rúa Nova, 4).
No acto, celebrado no Salón de Plenos do Concello de Cambados, estiveron presentes o Presidente da asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey, xunto co Concelleiro de Economía e Comercio do Concello de Cambados, don Xurxo Charlín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.