TELÉFONOS DE INTERESE
▼
23 de febrero de 2019
A SEDE DO PP DE CAMBADOS PERTENCE NUNHA PARTE AO CONTRABANDISTA TERITO
"Somos Cambados" denuncia que a sede do PP está a nome do contrabandista "Terito"
Vicente Pérez Otero figura como copropietario do inmoble, que xa foi no seu día sede de Alianza Popular.
Somos Cambados acusou ao PP de ter como sede un local no que figura como copropiedad o defunto contrabandista Vicente Pérez Otero, Terito, algo que é "público e notorio".
Este partido sinala nun comunicado que "entre os propietarios do inmoble no que ten a sede local o Partido Popular de Cambados desde fai máis de 30 anos, na Rúa Castelao ou como se chamaba hai anos, Travesía do Hospital, figura Vicente Otero Pérez, Terito.
A nota engade que "calquera veciño pode consultalo no Rexistro da Propiedade, xa que a día de hoxe aínda consta como un dos propietarios do inmoble de 120 metros cadrados, e, ademais, ostenta a maior participación do mesmo, un 20,25%.
O local foi designado fai máis de tres décadas como sede de Alianza Popular e actualmente é o lugar de encontro do Partido Popular cambadés.
É por iso que Somos Cambados saca á luz esta información e critica a "falta de ética do Partido Popular" polas recentes declaracións do ex alcalde, e agora portavoz popular da oposición, Luis Aragunde. Nestas demandaba unha maior ética e moral por parte da alcaldesa, Fátima Abal (PSdeG), por mor da solicitude dun Pleno Extraordinario para que esta explicase a vinculación do seu marido cunha sociedade mercantil, a cal actualmente está a nome do seu cuñado, investigado por contrabando nos anos noventa.
Somos Cambados conclúe o seu escrito sinalando que se o PP, "ten pensado seguir con estas políticas e acusacións, por coherencia, igual víñalles ben valorar un cambio de sede".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.