TELÉFONOS DE INTERESE
▼
24 de enero de 2019
MARTÍN CÓDAX DUPLICOU O SEU CAPITAL SOCIAL DESDE 2012 ATA SUPERAR OS 7 MILLÓNS MEDIANTE ACHEGAS PERIÓDICAS DOS SOCIOS
Martín Códax, a adega de Cambados con presenza en 40 mercados e uns 20 millóns de ingresos anuais, completou unha ampliación de capital de 1,5 millóns de euros. Trátase dunha das achegas periódicas que realizan os socios da adega de base cooperativa, segundo informan na empresa. Estas contribucións serviron para duplicar o capital social de Martín Códax no últimos sete anos, pasando dos 3,1 millóns de entón, aos actuais 7,04 millóns. A adega naceu en 1985 impulsada pola unión duns 50 viticultores. Actualmente está presidida por Xoán Antonio Allegue López, quen relevou a José Martínez Chantada despois de ocupar o cargo durante máis dunha década. No día a día da empresa é o director xeral Juan Vázquez Gancedo quen está aos mandos. A última ampliación de capital realizouse en 2015, cunha achega de 781.000 euros, mentres que a máis voluminosa foi en 2012, cunha inxección de 3,1 millóns. Crecemento no mercado internacional Martín Códax arrincou o ano recibindo o recoñecemento dun dos seus viños, o Martín Códax Leas, elixido pola Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño ( Aepev) como o mellor branco sen barrica de España en 2017. É o quinto ano consecutivo que a Aepev premia a un dos albariños da adega, tamén moi coñecida polo desenvolvemento do viñedo experimental de Pé Redondo, en Meis. A adega conta cuns 250 socios e a exportación supón preto da metade da súa facturación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.