O Goberno de Carmela Silva destina máis de un millón de euros a seis concellos da provincia a través do Plan Concellos 2019 da Deputación
Con estas partidas vaise adquirir material e faranse obras de pavimentación e mellora de vías e espazos públicos en O Rosal, Valga, Cambados, Bueu, Caldas de Reis e Lalín
A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar novos investimentos nun total de seis municipios da provincia no marco da liña 1 do Plan Concellos. Trátase dun total de seis partidas por un total de 1.120.374,48 euros para diversas actuacións en O Rosal, Valga, Cambados, Bueu, Caldas de Reis e Lalín.
Para Cambados, o goberno provincial deulle o visto bo a unha partida de 100.000€ para financiar a aportación municipal do proxecto de obras de substitución da envolvente e actualización das instalacións da piscina climatizada no Complexo Polideportivo do Pombal. A través do Plan Concellos, Cambados ten este ano a súa disposición 978.374,84 euros, un 2,84% máis que o no exercicio anterior.
No caso de Valga, o goberno de Carmela Silva vén de aprobar unha achega de 363.782,46 euros para financiar a pavimentación de diversas estradas municipais na vila. Este ano, a través do Plan Concellos, Valga ten a súa disposición 538.232,16 euros, un 5,54% máis que o ano pasado.
Para O Rosal, o Goberno provincial autorizou un investimento de 142.000 euros para adquirir un vehículo para a recollida do lixo. En total, a través do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra pon a disposición do Rosal este ano un total de 583.312,29 euros, un 3,11% máis que no exercicio anterior.
Para Bueu a institución provincial aprobou un investimento de 62.416,29 euros para financiar a aportación municipal do proxecto reurbanización integral da rúa A Pedra, actuación enmarcada ao abeiro do Plan DepoRemse. A través do Plan Concellos, Bueu ten este ano a súa disposición un total de 850.197,75 euros, un 3,16% máis que en 2018.
No que respecta a Caldas de Reis, o Goberno provincial deulle o visto bo a unha partida económica de 77.108,96 euros destinados á reposición de canalizacións na rúa Fornos. Este ano, a través do Plan Provincial, o goberno de Carmela Silva destina a Caldas de Reis 733.577,55 euros, un 3,23% máis que no exercicio do ano pasado.
Finalmente para Lalín, a institución provincial tamén lle deu o visto bo a unha partida económica de 375.066,77 euros para levar a cabo o afirmado de viarios municipais. Este ano, a través do Plan Provincial, a Deputación de Pontevedra destina a Lalín 1.602.560,57 euros, un 4,36% máis que no exercicio anterior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.