TELÉFONOS DE INTERESE

26 de enero de 2019

CAMBADOS PROMOCIONA A FESTA DO ALBARIÑO DE INVERNO EN FITUR


O concelleiro de Enoturismo de Cambados, José Ramón Abal, repasou en COPE Pontevedra o potencial turístico da vila do Albariño. Desde a feira internacional do turismo, FITUR, que se celebra esta semana en Madrid, o edil subliñou a difusión que a Mancomunidade do Salnés pretende realizar da Festa do Albariño de inverno, evento creado en 2018 e dedicado ás variedades espumosas do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas. Na edición de 2019, o Concello de Cambados acordou cos hostaleiros locais celebrar a festa durante máis dunha xornada, coincidindo coa ponte da Constitución e incluíndo actuacións musicais.

Escoita a entrevista con J.R. Abal


Información de COPE Pontevedra




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.