TELÉFONOS DE INTERESE

27 de enero de 2019

14 EMPRESAS PRESENTAN OFERTAS PARA EXECUTAR OBRAS DE SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA PO-549 ENTRE VILANOVA E CAMBADOS

Un total de 14 empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-549, entre o final da parroquia de Deiro, en Vilanova de Arousa, e a vía de alta capacidade VG-4.3 en Cambados, cun orzamento que rolda os 575.000 euros. A intervención da Consellería de Infraestruturas, que se enmarca no Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020, prevé evitar ou mitigar a accidentalidade no tramo final de 1,8 quilómetros da estrada autonómica. As principais actuacións realizaranse nas interseccións máis relevantes do tramo e supoñerán a construción de dúas semiglorietas para os cambios de sentido. Tamén se prevé unha nova rotonda e a mellora da seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.