TELÉFONOS DE INTERESE
▼
19 de diciembre de 2018
SUSPENDEN ATA MAÑÁN A BÚSQUEDA DO DESAPARECIDO. OS MARIÑEIROS RESCATADOS RECUPÉRANSE EN HOSPITAIS DE CEE E SANTIAGO
Os seis tripulantes rescatados con vida do pesqueiro 'Sen Querer Dous', que naufragou pouco antes das 14,00 horas a 4,5 millas ao sur de Fisterra con 10 mariñeiros a bordo, foron trasladados ao hospital de Cee e ao Clínico de Santiago, e o seu estado non reviste gravidade. Así o comunicou o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, en declaracións aos medios en Porto do Son, onde foron trasladados dous dos falecidos, cuxos corpos foron recuperados tras o naufraxio. Un terceiro corpo sen vida foi trasladado á Coruña. Dos mariñeiros rescatados con vida, catro foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, un deles cun traumatismo nunha perna e o resto con síntomas de hipotermia. Os outros rescatados recupéranse no Hospital de Cee, tamén de hipotermia. Doutra banda os labores de procura do mariñeiro do pesqueiro que continúa desaparecido foron interrompidas ata mañá á primeira hora e só permanece na zona a embarcación don Inda, que continuará os labores de sondaxe durante toda a noite, informaron fontes de Salvamento Marítimo. Coa posta de sol retiráronse o helicóptero Pesca I e os buques pesqueiros que colaboraron na procura. O tripulante desaparecido é de Cambados, do mesmo xeito que os tres falecidos, entre quen se conta o patrón. O naufraxio do "Sen Querer Dous" produciuse este mediodía a catro millas e media de Cabo Fisterra. O buque Don Inda recolleu as dúas balsas salvavidas nas que estaban os sobreviventes. O Helimer 401 divisou a un dos falecidos e a embarcación Salvamar Regulus avistou ás outras dúas vítimas mortais.
Mañán pola mañán espérase en Cambados a chegada dos corpos dos falecidos para seren velados antes do seu enterro. Non se sabe polo de agora si será un velatorio conxunto ou individual.
Imaxe: Xurxo Charlín
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.