Os campos de Baltar e San Pedro acollerán o campionato do 27 ó 29 de decembro
Participan as seleccións cadetes e xuvenís de Galicia, Extremadura e Comunidade Valenciana.
A Real Federación Española de Fútbol confirmou este venres a solicitude da Federación Galega de organizar en Sanxenxo a primeira fase do Campionato de España Sub16 e Sub18 de Seleccións Autonómicas. A competición vaise desenvolver os días 27, 28 e 29 de decembro nos campos de Baltar (Portonovo) e San Pedro (Vilalonga), os dous de herba natural.
O calendario do campionato é o seguinte:
Xoves 27
10:30 Extremadura vs Galicia Sub16
12:30 Extremadura vs Galicia Sub18
Venres 28
10:30 C. Valenciana vs Extremadura Sub16
12:30 C. Valenciana vs Extremadura Sub18
Sábado 29
10:30 Galicia vs C. Valenciana Sub16
12:30 Galicia vs C. Valenciana Sub18
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.