TELÉFONOS DE INTERESE

17 de diciembre de 2018

PRISIÓN PREVENTIVA PARA O MOZO ACUSADO DUNHA DUCIA DE ROUBOS EN CAMBADOS


O mozo contaba con tres cómplices, dous deles menores
No pasado era coñecido como o líder da 'Banda do Chimpín' O Xulgado de instrución de garda de Cambados decretou o ingreso preventivo en prisión dun mozo acusado de perpetrar case unha ducia de roubos en varios establecementos públicos dese municipio pontevedrés, informaron este luns fontes da investigación. O mozo, de 21 anos, foi arrestado por axentes da Garda Civil como sospeitoso de cometer os roubos o mes pasado en distintos puntos de Cambados con axuda doutras tres persoas, entre eles unha moza de 18 anos e outros dous mozos menores de idade Os catro, residentes en Cambados, contan cun amplo historial presuntamente delituoso, e o xefe deles, que será ingresado en prisión en espera de xuízo, lideraba unha trama coñecida popularmente como Banda do Chimpín, alusiva a un grupo de adolescentes, moitos deles menores de idade, que anos atrás adoitaban reunirse para roubar e causar desfeitas.
As pescudas levadas a cabo pola Garda Civil determinaron a presunta responsabilidade de todos eles na comisión de polo menos once delitos contra o patrimonio, algúns deles en grao de tentativa, perpetrados en novembro pasado, a maior parte no centro urbano da localidade de Cambados. Por mor das probas e indicios obtidos no transcurso da investigación, á banda atribúenselle roubos en dous bares, nunha barbería, nunha oficina, no campo de fútbol O Pombal e no centro cultural A Merced, ademais de varios vehículos cando estacionados na vía pública, unha bicicleta e a carteira de dúas persoas máis nun supermercado. O detido, foi posto a disposición xudicial do Xulgado de Instrución de garda de Cambados que decretou o seu ingreso preventivo en prisión e os outros tres investigados están en liberdade pero deberán comparecer en cando sexan citados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.