TELÉFONOS DE INTERESE

21 de diciembre de 2018

DERRADEIRO ADEUS A MANUEL SERÉN, TEO GALIÑANES E NARDO PADÍN



Nunha cerimonia multitudinaria -na que estiveron presentes, entre outras autoridades, a conselleira do Mar, Rosa Quintana; a corporación municipal de Cambados, encabezada pola alcaldesa, Fátima Abal; o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín; o portavoz de En Marea, Luís Villares; ou a subdelegada do Goberno, Maica Larriba- o arcebispo tivo palabras de consolo para as familias dos mariñeiros falecidos, e tamén para a do tripulante que aínda permanece desaparecido.
Na súa homilía, Julián Barrio proclamou que, ante esta "traxedia", "Cambados chora" e "Galicia estremeceuse". "Queridas xentes do mar, admiro o voso traballo e valoro a súa dignidade. Son consciente de que o voso coñecemento do mar non vos dá a garantía dunha seguridade, sempre exposta ao inexperado", ha traslado o arcebispo de Santiago, quen tamén expresou o seu agarimo e solidariedade á familia do patrón do buque que naufragou na dársena de Malpica.
A misa rematou cunha emocionada interpretación de Sálve Mariñeira. Pouco despois, os vehículos que portaban os féretros partiron de O Pombal. Acompañáronos as gaitas da agrupación cultural Xironsa, que hiceron soar o himno do Antigo Reino de Galicia e polos aplausos de centos de persoas.
O funeral celebrouse no pavillón de O Pombal, no mesmo lugar no que estivo instalada a capela ardente dos tres falecidos desde primeira hora da tarde deste xoves. Por esa capela ardente han desfilado centos de veciños, así como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e outros membros do goberno galego; a presidenta da Deputación, Carmela Silva; a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, entre outros.

O 'Sen Querer II' naufragou o pasado mércores a 4,5 millas ao sur de Fisterra. Dos seus dez tripulantes, seis foron rescatados con vida (e todos foron dados de alta nos centros hospitalarios onde foron atendidos), mentres que outros tres faleceron (Manuel Serén, Teófilo Rodríguez e Bernardino Padín) e un máis, Guillermo Casais, permanece desaparecido.


Imaxes: El Correo Gallego, Europa Press, Diario de Pontevedra







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.