TELÉFONOS DE INTERESE

7 de diciembre de 2018

CORDAL PRESENTA UNHA MOCIÓN E ANUNCIA MOBILIZACIÓNS CONTRA O PECHE POLAS TARDES DO CENTRO DE SAÚDE DE CAMBADOS


- Na próxima semana realizaranse diversas accións reivindicativas relativas ao Centro de Saúde cambadés, entre elas, cabe destacar, a colocación dunha pancarta no propio centro, a recollida de sinaturas e a convocatoria dunha concentración diante do centro para rodear posteriormente o edificio cunha cadea humana para “protexer ao Centro de Saúde dos ataques do SERGAS”.

O Concelleiro de Sanidade do Concello de Cambados e Portavoz Municipal de Somos Cambados, Tino Cordal, presentou xa unha moción contra o peche do Centro de Saúde polas tardes que será debatida no vindeiro pleno de decembro. Ademais, anuncia que se realizarán actos reivindicativos na semana próxima.

A moción estaba destinada inicialmente a reclamar o mantemento de servizo de pediatría de tarde, pero, tralo anuncio do SERGAS de pechar durante máis dun mes as consultas de tarde, Cordal decidiu ampliala. Na moción tamén se pide un reforzo de persoal no PAC, que vese directamente afectado polo peche do Centro de Saúde durante as tardes.

Cordal tamén comunicou que a partir da próxima semana realizaranse diversas accións reivindicativas relativas ao Centro de Saúde cambadés, entre elas, cabe destacar, a colocación dunha pancarta no propio centro, a recollida de sinaturas e a convocatoria dunha concentración diante do centro para rodear posteriormente o edificio cunha cadea humana para “protexer ao Centro de Saúde dos ataques do SERGAS”.

Por outra banda, o concelleiro cambadés xa se dirixiu ao SERGAS para pedirlle explicacións pola instalación de máquinas expendedoras de comida e bebida no Centro de Saúde de Cambados sen solicitar autorización previa nin informar ao Concello ao respecto. Cabe lembrar, que é o Concello quen ten concedida a titularidade do edificio a través dunha concesión administrativa de Portos de Galicia, e, a pesar de ter instado ao SERGAS para que asuma a titularidade, segue a ser o Concello de Cambados quen asume todos os gastos de mantemento do centro, máis de 60 mil euros ao ano, incluíndo a electricidade que consumen ditas máquinas expendedoras, cuxa recadación, en cambio, faina o SERGAS. Así, o Concello paga e o SERGAS recada con evidente descaro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.